CONGRESO | PhDay-EIO

O vindeiro 23 de xuño na Facultade de Matemáticas da USC e online terá lugar a segunda edición do PhDay-EIO.
É unha oportunidade única para xuntar tódolos doutorandos galegos de Estatística, Investigación Operativa e Optimización.
Durante a xornada terán lugar diferentes actividades:

  • Sesións invitadas. Contaremos con dous recentes doutores que nos aportarán a súa visión do doutoramento, así como o comezo da súa andaina como doutor/a.
  • Mesa redonda. Catro doutores con traxectorias diversas debatirán as súas diferentes experiencias na nova etapa posdoutoral e esclarecerán todo tipo de dúbidas nunha rolda final de preguntas.
  • Exposicións orais e pósters. Os participantes que así o desexen poderán presentar o seu traballo en charlas dunha duración aproximada de 15-20 minutos ou tipo póster*. Haberá un premio especial para o mellor traballo.
  • Actividade lúdica. Se as autoridades o permiten, por mor da pandemia, ó final da xornada levarase a cabo unha actividade lúdica para todos os que queiran asistir.

Máis información: http://eamo.usc.es/pub/phDay21/index.php/gl//