Presentación

A Estatística e a Investigación operativa son hoxe de gran importancia como parte das matemáticas e como disciplinas necesarias para a comprensión e o avance doutros campos do saber como a Economía, a Enxeñería, a Biomedicina ou as Ciencias Ambientais, entre outras. Este Doutoramento en Estatística e Investigación Operativa pretende proporcionar unha sólida formación no ámbito da Estatística e da Investigación Operativa, capacitando ao noso alumnado para adaptarse ás necesidades da sociedade actual. Así mesmo preténdese fomentar a formación continua dos profesionais na área da Estatística e a Investigación Operativa.

Este Programa de Doutoramento nace da colaboración ao longo dos anos dos distintos grupos de investigación en Estatística e Investigación Operativa das universidades públicas de Galicia. Unha colaboración que se materializou inicialmente nun Programa Oficial de Posgrao Interuniversitario en Estatística e Investigación Operativa que gozou de Mención de Calidade e logo continuada co Master Interuniversitario en Técnicas Estatísticas e co Programa de Doutoramento. Este é o único programa destas características no Sistema Universitario de Galicia, e un foco atractor de novo alumnado da nosa contorna nacional e internacional (Norte de Portugal e Iberoamérica). Ademais, a participación dos grupos que auspician o programa en redes temáticas europeas, permite ao noso alumnado completar a súa formación predoctoral, e en moitos casos iniciar a súa etapa postdoutoral, noutros centros internacionais de prestixio.

  • Destinatarios do Programa de Doutoramento interuniversitario en Estatística e Investigación Operativa:
       Alumnado con título de máster ou equivalente, que desexen formarse como doutoras/é en Estatística e Investigación Operativa.

  • Universidades que o organizan
       1. Universidade de Santiago de Compostela (coordinadora). Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización.
       2. Universidade de A Coruña. Departamento de Matemáticas.
       3. Universidade de Vigo. Departamento de Estatística e Investigación Operativa.
  • programa depende funcionalmente das Escolas Internacionais de Doutoramento das tres universidades participantes: USC, UDC e UVigo:

  • Escola de Doutoramento Internacional da USC (EDIUS) - Páxina específica do programa
  • Escola Internacional de Doutoramento da UDC (EIDUDC)
  • Escola Internacional de Doutoramento da UVigo (EIDO)

  • Máis información:


    Acreditación do Programa de Doutoramento en Estatística e Investigación Operativa

    Cualquer estudante, egresado, PDI, PAS pode enviar comentarios relacionados con este programa a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

    Programa da visita virtual aquí.