Liñas de investigación

O profesorado que participa neste Programa de Doutoramento en Estatística e Investigación Operativa pertence a grupos de investigación con proxectos de investigación activos. O programa estrutúrase en dúas grandes liñas de investigación: Estatística e Investigación Operativa.

A liña de Estatística céntrase fundamentalmente en desenvolvementos inferenciales, cunha importante orientación ás técnicas de investigación non paramétrica de curvas en distintos contextos, así como na súa aplicación en problemas teóricos e aplicados.
A investigación na área da Investigación Operativa céntrase na Teoría de Xogos e as súas aplicacións.

GRUPOS DE INVESTIGACIÓN
O profesorado do programa pertence aos seguintes grupos de investigación:

  • Modelización, Optimización e Inferencia Estatística (MODES). Grupo de Referencia Competitiva (Xunta de Galicia)
  • Modelos de optimización, decisión, estatística e aplicacións (MODESTYA). Grupo de Referencia Competitiva (Xunta de Galicia)
  • Grupo de Bioestatística e Ciencia de Datos Biomédicos (GRID-BDS). Grupo de Referencia Competitiva (Xunta de Galicia)
  • Statistical Inference, Decision and Operations Research (SIDOR). Grupo de Referencia Competitiva (Xunta de Galicia)

INFORMACIÓN DETALLADA DAS LIÑAS DE INVESTIGACIÓN LIÑA DE INVESTIGACIÓN: ESTATÍSTICA

  • Estimación non paramétrica de curvas.
  • Inferencia en poblacións finitas.
  • Análise de supervivencia.
  • Estatística espacial.
  • Contrastes de especificación.
  • Enxeñería financiera.
  • Modelos aditivos.
  • Modelos funcionais.
  • Modelos direccionais.
  • Modelos incompletos.

LIÑA DE INVESTIGACIÓN: INVESTIGACIÓN OPERATIVA

  • Xogos non cooperativos.
  • Xogos cooperativos.
  • Asignación de custos.
  • Deseño de tarifas.
  • Problemas de bancarrota.
  • Índices de poder.
  • Subastas.
  • Problemas computacionais en teoría de xogos.
  • Teoría da decisión.
  • Elección social.
  • Métodos de programación matemática.
  • Teoría de colas.
  • Modelos de inventario.
  • Optimización en redes de fluxo.
  • Problemas de transporte.
  • Problemas de asignación.
  • Problemas de rutas.
  • Problemas de planificación e secuenciación.
  • Modelos interactivos da investigación operativa.
  • Conexións entre a teoría de xogos e a inferencia estatística.