Admisión e matrícula

Nota: Esta web é só informativa e o proceso de preinscrición e matriculación realízase nas universidades organizadoras do Máster (USC, UDC e UVigo). Por convenio, a cada estudante aplicaráselle a normativa da universidade onde se matriculou, aínda que se poderá cambiar de universidade de matrícula durante os estudos. Ademais, tamén se indica que os estudantes non atoparán dificultades que lles impidan cambiar de universidade para cursar este título. Unha información máis precisa e actualizada sobre o calendario, preinscrición, matriculación, listas de admitidos,.... pode atoparse nas webs principais (sección docencia en Másteres de cada unha das tres universidades galegas).

  • Criterios de admisión e selección

Número de prazas de cada Universidade:

  1. Universidade de Santiago de Compostela: 25 plazas.
  2. Universidade de A Coruña: 25 plazas.
  3. Universidade de Vigo: 25 plazas.

Probas de acceso especiais. Non se establece ningunha proba de acceso especial para este Máster.
A admisión no programa realizarase tendo en conta os seguintes aspectos: titulación de acceso (70% - ata 7 puntos), expediente do alumno (20% - ata 2 puntos) e currículo vitae do candidato (10% - ata 1 punto). As titulacións de acceso puntuaranse segundo o seu grao de contido estatístico e de investigación operativa, visto o expediente do estudante. A modo de referencia, os contidos propios dun Grao en Matemáticas, avaliaranse entre 6 e 7 puntos, dependendo de se o estudante cursou materias optativas complementarias de contido estatístico ou de investigación operativa. Outros títulos de grao cun contido relativamente amplo de estatística descritiva e inferencia estatística avaliaranse entre 5 e 6 puntos, dependendo tamén da optatividad cursada. Como referencia inclúense neste grupo os Graos en Bioloxía, Psicoloxía, Enxeñería, Medicina, Administración e Dirección de Empresas, Economía ou outros similares. Os restantes títulos de grao que teñan cun contido básico de estatística entendendo como tal que non existe unha materia dedicada á introdución de conceptos estatísticos, senón que a estatística é utilizada como ferramenta instrumental avaliaranse entre 3 e 4 puntos.

A continuación presentamos un documento no que os criterios arriba mencionados foron desenvoltos:
BaremoAdmisión

Calendario de Pre-inscripción e Matrícula


Esta información irase actualizando a medida que as universidades vaian anunciando os prazos de matrícula para o curso que 2024-2025. Recoméndase consultar sempre as webs oficiais de cada unha das tres universidades.

USC

(2024-2025)

Web oficial da USC

Calendario Completo USC

 

UDC

(2024-2025)

Web oficial de la UDC
Procedemento UDC

 

UVigo

(2024-2025)

Web oficial da UVigo
Calendario Completo UVigo


Admisión e matrícula a tiempo parcial:

A USC e a UVigo permiten matricularse parcialmente dos cursos de forma que o alumno realice o Máster no dobre de tempo seguindo un Plan de Estudos que o alumno acordará co coordinador do Máster. A UDC permite unha matriculación parcial do curso máis flexible, podéndose matricular de menos materias en cada curso. Para iso o alumno debe ter a aprobación do coordinador do Máster. Para unha maior información sobre este tipo de matrícula poñerse en contacto co coordinador do Máster na universidade correspondente.

Admisión e matrícula - Máis información