Comprácenos poder anunciar a segunda edición do PhDay-EIO, que terá lugar o mércores 23 de xuño de 2021 na Facultade de Matemáticas da USC.
En función da situación epidemiolóxica decidirase se a xornada é semipresencial (na Facultade de Matemáticas da USC e a través da plataforma Microsoft Teams) ou totalmente telemática.
Cremos que é unha oportunidade única para xuntarnos tódolos doutorandos galegos de Estatística, Investigación Operativa e Optimización.
Durante a xornada terán lugar diferentes actividades:
Animámosvos a todos a acudir a este evento!
Para máis información podedes contactar vía email ó seguinte enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
(*) O comité organizador resérvase o dereito de modificar o formato de exposición solicitado en función do número de participantes adscritos a cada opción.