O profesorado que participa neste Programa de Doutoramento en Estatística e Investigación Operativa pertence a grupos de investigación con proxectos de investigación activos. O programa estrutúrase en dúas grandes liñas de investigación: Estatística e Investigación Operativa.
A liña de Estatística céntrase fundamentalmente en desenvolvementos inferenciales, cunha importante orientación ás técnicas de investigación non paramétrica de curvas en distintos contextos, así como na súa aplicación en problemas teóricos e aplicados.
A investigación na área da Investigación Operativa céntrase na Teoría de Xogos e as súas aplicacións.
GRUPOS DE INVESTIGACIÓN
O profesorado do programa pertence aos seguintes grupos de investigación:
- Modelización, Optimización e Inferencia Estatística (MODES). Grupo de Referencia Competitiva (Xunta de Galicia)
- Modelos de optimización, decisión, estatística e aplicacións (MODESTYA). Grupo de Referencia Competitiva (Xunta de Galicia)
- Grupo de Bioestatística e Ciencia de Datos Biomédicos (GRID-BDS). Grupo de Referencia Competitiva (Xunta de Galicia)
- Statistical Inference, Decision and Operations Research (SIDOR). Grupo de Referencia Competitiva (Xunta de Galicia)
INFORMACIÓN DETALLADA DAS LIÑAS DE INVESTIGACIÓN LIÑA DE INVESTIGACIÓN: ESTATÍSTICA
- Estimación non paramétrica de curvas.
- Inferencia en poblacións finitas.
- Análise de supervivencia.
- Estatística espacial.
- Contrastes de especificación.
- Enxeñería financiera.
- Modelos aditivos.
- Modelos funcionais.
- Modelos direccionais.
- Modelos incompletos.
LIÑA DE INVESTIGACIÓN: INVESTIGACIÓN OPERATIVA
- Xogos non cooperativos.
- Xogos cooperativos.
- Asignación de custos.
- Deseño de tarifas.
- Problemas de bancarrota.
- Índices de poder.
- Subastas.
- Problemas computacionais en teoría de xogos.
- Teoría da decisión.
- Elección social.
- Métodos de programación matemática.
- Teoría de colas.
- Modelos de inventario.
- Optimización en redes de fluxo.
- Problemas de transporte.
- Problemas de asignación.
- Problemas de rutas.
- Problemas de planificación e secuenciación.
- Modelos interactivos da investigación operativa.
- Conexións entre a teoría de xogos e a inferencia estatística.