Os principais obxectivos que este Doutoramento en Estatística e Investigación Operativa pretende alcanzar son:
- Dotar ao noso alumnado dunha formación científico-técnica avanzada no ámbito da Estatística e a Investigación Operativa, que lles capacite para consolidar unha carreira no ámbito académico e profesional.
- Familiarizar ao noso alumnado coas colaboracións inter e transdisciplinares, que lles permitan construír un amplo abanico de oportunidades laborais.
- Capacitar ao noso alumnado no uso de ferramentas informáticas avanzadas, útiles para a resolución de problemas relativos á programación matemática, a optimización e a simulación estatística.