Oferta de traballo: Contrato pre-doutoral

O grupo de investigación SiDOR (Statistical Inference, Decision and Operations Research, http://sidor.uvigo.es) da Universidade de Vigo ofrece un contrato pre-doutoral para realizar unha tese de doutoramento. A tese encadrarase nunha das liñas de investigación do grupo SiDOR (inferencia non paramétrica, regresión semiparamétrica e non paramétrica, análise de supervivencia, teoría de xogos, teoría da decisión, investigación operativa etc.).

Requisitos:

- Formación específica (licenciatura, máster etc.) da área de Estatística e Investigación Operativa que dea acceso ao Programa de Doutoramento “Estatística e Investigación de Operacións” da Universidade de Vigo. Graduados con polo menos 60 ECTS superados a nivel de Máster en el área de Estatística e Investigación Operativa cumpren este requisito.
- Coñecementos avanzados de programación.
- Manexo de software estatístico.
- Bo nivel de inglés falado e escrito.

Criterios de valoración:

- Expediente académico do grao/licenciatura.
- Expediente académico de máster.
- Curriculum vitae.
- Entrevista persoal.

Descrición do traballo:

- Salario bruto: 1250 euros/mes.
- Xornada de traballo semanal: 37.5 horas/semana.
- Duración do contrato: 3 anos.
- Centro de traballo: Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Campus Universitario As Lagoas-Marcosende (Vigo).

Más información