O programa IACOBUS financia proxectos de intercambio que se efectuarán entre o 1 de febreiro e o 30 de xuño de 2018.
Información importante para:
-Alumnado matriculado en estudos de doutoramento da USC:
O alumnado interesado deberá enviar cuberto o “Anexo II: Carta de institución de orixe para estadía baixo o programa Iacobus”, antes do día 15 de novembro de 2017, ao enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. Lémbrase que, de ser concedida a estadía, a alumna ou alumno deberá solicitar a autorización da estadía á Comisión Académica do Programa de Doutoramento (CAPD), conforme ao indicado no artigo 6.8 do Regulamento de Estudos de Doutoramento da USC.
-Alumnado de doutoramento que veña facer unha estadía á USC:
O persoal docente da USC que titorizará a estadía na USC, será quen solicitará ao CIEDUS a sinatura do “Anexo I: Carta da institución de destino da estadía-Programa Iacobus”, que deberá enviar cuberto e con indicación dun correo electrónico onde remitilo, antes do día 15 de novembro de 2017, ao enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Lémbrase que, de ser concedida a estadía, o persoal docente responsable da estadía deberá dar de alta á alumna ou ao alumno no Rexistro de Investigadores Visitantes, e a alumna ou alumno de doutoramento deberá formalizar a matrícula por estadía de investigación.