DESCRIPCIÓN:
No marco do proxecto “Eclipse 2026.8.12 en Lugo“ (FCT-25-22921 que conta coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología e o Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades), e que con este proxecto preténdese contribuír á formación, entre a cidadanía, dunha cultura científica que estea libre de concepcións pseudocientíficas e á demolición de certas barreiras invisibles que aínda fan que gran parte da sociedade sexa impermeable a unha visión científica do mundo. Neste caso trátase dun fenómeno astronómico extraordinario, como é unha eclipse total de Sol. A principal actividade deste proxecto é, sen dúbida, a macro observación pública da eclipse total de Sol desde a cidade de Lugo o 12 de agosto do 2026.
CITMAga lanza a convocatoria de bolsas para a iniciación á investigación para alumnado de grao e mestrado das universidades galegas co obxecto de fomentar a iniciación do estudantado na divulgación e transferencia de coñecemento, realizando prácticas formativas no marco do proxecto “Eclipse 2026.8.12 en Lugo“ (FCT-25-22921 que conta coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología e o Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades). O programa de bolsas contará coa supervisión dunha persoa investigadora vinculada ao CITMAga das universidades do SUG.
