DESCRICIÓN:
A Cátedra de Mobilidade Sostible da Universidade de Santiago de Compostela convoca o I PREMIO A TRABALLOS DE FIN DE GRAO, TRABALLOS DE FIN DE MÁSTER E INVESTIGACIÓN SOBRE MOBILIDADE E LOXÍSTICA SOSTIBLE 2026
Co obxectivo de recoñecer os mellores traballos académicos e de investigación sobre a Mobilidade e Loxística Sostible, incluíndo aqueles que aborden a economía circular como enfoque estratéxico para mitigar os retos ambientais e sociais asociados á mobilidade e tendo en conta que a economía circular promove a maximización da reutilización, a reciclaxe e a eficiencia no uso dos recursos, en coherencia cos principios e obxectivos da mobilidade sostible e cumprindo deste xeito cos fins da Cátedra, a Vicereitoría de Transformación Dixital e Innovación resolve convocar o "I Premio a TFG, TFM e Traballos de Investigación sobre Mobilidade e Loxística Sostible 2026”, nos seguintes termos:
Categoría I: Premios a TFG e TFM (1.500€)
Poderán presentarse a este premio todos/as os/as estudantes que defendesen durante o curso académico 2024/2025, un Traballo de Fin de Grao (TFG) ou un Traballo de Fin de Máster (TFM) en calquera Universidade pública española que tivese como tema de estudo a Mobilidade e a Loxística Sostible e que alcanzasen a máxima cualificación académica superior ou igual a notable por parte das respectivas comisións avaliadoras.
Categoría II: Traballos de Investigación (2.500€)
Poderán presentarse a estes premios todos/as os/as investigadores/as de nacionalidade española ou estranxeiros/as que publicasen, entre o 1 de xaneiro de 2025 e o 30 de abril de 2026, un traballo en formato de libro ou artigo científico de autoría individual e/o colectiva, ou defendido unha tese de doutoramento, que tivese como tema da Mobilidade e a Loxística Sostible. É condición inescusable para ser aceptados a consideración polo xurado, que o traballo non obtivese ningún premio anteriormente.
Acceso ás bases da convocatoria a través deste Link
PRAZO DE PRESENTACIÓN:
Ata o 11 de Maio de 2026
