DESCRICIÓN:
Convocatoria de resumos – Conferencia SAfJR 2026 en Ámsterdam
Xa está aberta a convocatoria para enviar resumos á conferencia Survival Analysis for Junior Researchers (SAfJR) 2026, que terá lugar en Ámsterdam (Países Baixos) do 25 ao 27 de marzo de 2026.
O encontro ofrece un contorno accesible e de apoio para que investigadores en etapas iniciais presenten o seu traballo, intercambien ideas e establezan novas colaboracións.
Keynote Speakers:
Ingrid Van Keilegom (KULeuven)
O envío de resumos estará dispoñible ata o 15 de outubro de 2025.