DIVULGACIÓN | Noite Europea das persoas investigadoras

DESCRICIÓN:

Centos de investigadoras e investigadores, decenas de actividades e sete cidades nas que celebrar a G-Night O evento, coordinado pola UVigo, achegará a ciencia a rúas, museos, institucións educativas e bares. Outro ano máis, a Noite europea das persoas investigadoras celebrarase en Galicia con folgos renovados, da man de máis dunha ducia de institucións: universidades, centros e institutos de investigación, coordinados pola UVigo. Coa creatividade e a súa relación co coñecemento científico como eixo do evento, baixo o lema “Conciencias creativas”.

 

Máis información