DESCRICIÓN:
O Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC de Vigo (IIM-CSIC) ofrece 8 plans de formación para realizar Traballos de Fin de Máster (TFMs) no marco das Bolsas JAE Intro ICUs 2024.
O obxectivo destas bolsas é iniciarse na carreira investigadora, mediante a realización dunha estancia formativa remunerada durante o curso académico 2024-2025 en centros do CSIC.
REMUNERACIÓN:
As bolsas consistirán nunha achega mensual de 800€ e unha dotación adicional para cubrir os gastos de matrícula do Máster (aproximadamente 2.500 euros) por un período de 6 meses (idealmente entre xaneiro e xuño do 2025, agás para a oferta IIM-01). A data exacta de inicio pode variar e convirse co supervisor ou supervisora de cada oferta. O programa contempla unha dedicación máxima semanal de 20 horas.
PLANS DE FORMACIÓN:
Ofrécense 8 plans de formación entre os que se atopa a liña: Análise das tendencias espazo-temporais no asentamento do mexillón e a súa relación coa variabilidade ambiental.
PRAZO DE SOLICITUDE:
Do 1 ao 30 de Setembro de 2024.