DENOMINACIÓN: Contratación no marco do programa propio de investigación do consorcio Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga), aprobado polo Consello Reitor o 25 de maio de 2022, para o desenvolvemento da Axenda Científica do CITMAga. Na Área de Investigación e Transferencia “Competitividade Industrial” dentro do programa de investigación “Produción e xestión eficientes” e na liña de investigación “Tecnoloxía Matemática e eficiencia enerxética”.
REFERENCIA DA OFERTA: CITMAga-OT-01/2024
DESCRICIÓN DO POSTO: 1 contrato como investigador/a colaborador/a.
TRABALLOS A REALIZAR: tarefas de investigación de modelización matemática, predición estatística e optimización en problemas da ciencia e da industria, na Área de Investigación e Transferencia “ Competitividade Industrial” dentro do programa de investigación “ Produción e xestión eficientes” e na liña de investigación “ Tecnoloxía Matemática e eficiencia enerxética”.
FUNCIÓNS A REALIZAR: mellora incremental da ferramenta de optimización actual e o seu fluxo de cálculo, mellora incremental das ferramentas de visualización, desenvolvemento de algoritmia propia, modelización estatística, análise e implementación de técnicas de machine learning.
PERFIS DOS CANDIDATOS: Licenciados/as, Enxeñeiros/as, Graduados/as e equivalentes.
MÉRITOS E REQUISITOS A VALORAR:
- Formación e experiencia xeral a valorar (40 puntos, todas as aportacións deben estar documentadas):
- Expediente académico do grao/licenciatura e/ou mestrado. Valorarase grao ou licenciatura en física e mestrado de especialización con contidos en modelización, estatística e optimización matemática (10 puntos).
- Coñecemento e experiencia previa na implementación de algoritmos de optimización matemática. (10 puntos).
- Coñecemento e experiencia en contornas cloud e software de control de versións. (10 puntos).
- Coñecemento e experiencia previa en tratamento e análise de datos. (10 puntos).
- Coñecementos e experiencia adicional e específica a valorar (30 puntos, todas as aportacións deben estar documentadas):
- Experiencia en programación en linguaxes de cálculo científico (20 puntos)
- Experiencia coa plataforma Microsoft Azure e similares. (5 puntos)
- Experiencia en creación de informes de MS Power BI e similares. (5 puntos)
- Entrevista persoal (30 puntos)
As persoas candidatas seleccionadas de acordo cos criterios anteriores serán convocadas a unha entrevista persoal. Entrevistarase polo menos ás/ós 3 candidatas/os con mellor valoración e que entre os dous apartados anteriores alcanzaran polo menos 40 puntos.
CONDICIÓNS:
-Retribución bruta mensual: 1.679,05 € en 14 pagas.
-Data inicio prevista: a partir do dia seguinte á data da resolución da selección.
-Tipo de contrato: contrato de actividades científico-técnicas indefinido.
-Categoría Laboral: investigador/a colaborador/a.
-Xornada laboral: a tempo completo (35.0 horas semanais).
LUGAR DE TRABALLO:
Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga), Campus Vida, Santiago de Compostela.
PRAZOS E RESOLUCIÓN:
Recepción de solicitudes: ata o 24 de xaneiro de 2024 ás 23:59 horas
Avaliación de solicitudes e realización de entrevistas persoais: a partir do 24 de xaneiro do 2024.
Resolución da convocatoria: primeira quincena de febreiro do 2024.
Documentos descriptivos da oferta: Versión Galego; Versión Castelán; Versión Inglés