DENOMINACIÓN: Contratación no marco do programa propio de investigación do consorcio Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga), aprobado polo Consello Reitor o 25 de maio de 2022, para o desenvolvemento da Axenda Científica do CITMAga. Na área de Investigación e Transferencia “Ciencia e Coñecemento” dentro do programa de investigación “Análise matemática de datos” e na liña de investigación “Tecnoloxía matemática para a análise de datos”.
REFERENCIA DA OFERTA: CITMAga-OT-19/2022.
DESCRICIÓN DO POSTO: 1 contrato como investigador/a colaborador/a.
TRABALLO A REALIZAR: realización de tarefas de investigación na Área de Investigación e Transferencia “Ciencia e Coñecemento” dentro do programa de investigación “Análise matemática de datos” e na liña de investigación “Tecnoloxía matemática para a análise de datos”.
FUNCIÓNS A REALIZAR: planificación de e deseño de experimentos, depuración de datos, análise estatística dos mesmos e realización de informes.
MÁIS INFORMACIÓN:
Web CITMAga: https://citmaga.gal/w/ot-19-2022
Web ITMATI: http://www.itmati.com/citmaga-ot-19-2022