EMPLEO | OFERTA DE EMPREGO CITMAga-OT-03/2022: 1 contrato como investigador/a para o proxecto de investigación: “Sistema experto de mellora de solucións e optimización de procesos de produción biosostibles”

Convocatoria para un contrato como investigador/a para o proxecto de investigación: “Sistema experto de mellora de solucións e optimización de procesos de produción biosostibles”.

PROXECTO: “Sistema experto de mellora de solucións e optimización de procesos de produción biosostibles”.

REFERENCIA DA OFERTA: CITMAga-OT-03/2022.

DESCRICIÓN DO POSTO: 1 contrato como investigador/a para o proxecto de investigación no marco do contrato entre CITMAga (Consorcio Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia), e unha empresa do sector da enerxía.

RESPONSABLE: Prof. Dr. Julio González Díaz, Profa. Dra. Beatriz Pateiro e Prof. Dr. Francisco Pena Brage.

PERFIS DOS CANDIDATOS: Licenciados/as, Enxeñeiros/as, Graduados/as, e Mestrados relacionados coas Matemáticas, a Informática, a Enxeñería e a Física.

MÉRITOS E REQUISITOS A VALORAR:
Formación e experiencia xeral a valorar (40 puntos, todas as aportacións deben estar documentadas).
o Expediente académico do grao ou licenciatura, enxeñería, mestrado.
o Coñecemento e experiencia previa no modelado de problemas de optimización matemática, así coma na implementación e validación en ordenador de algoritmos e métodos propios desta disciplina.
o Coñecemento e experiencia previa en linguaxes de programación (Python).
o Coñecementos de inglés
Coñecementos e experiencia adicional e específica a valorar (30 puntos, todas as aportacións deben estar documentadas).
Á hora de valorar as candidaturas presentadas tamén se terá en conta a experiencia nalgúns dos seguintes campos relacionados cos ámbitos de investigación do Proxecto, non sendo necesario ter experiencia en todos elos:
o Experiencia en programación/optimización matemática.
o Experiencia en programación/optimización estocástica.
o Experiencia en implementación e validación de algoritmos de optimización matemática.
o Experiencia no uso da linguaxe de programación Python. Tamén se valorará a experiencia en linguaxes similares como R, Julia, …
o Experiencia no desenvolvemento de software científico. Desenvolvemento de código, documentación e soporte.
o Experiencia na modelización de problemas de optimización matemática e, en particular, en linguaxes de modelización (AMPL, Pyomo).
o Coñecemento e experiencia previa en modelos de predición estatística.


Entrevista persoal (30 puntos).
Os candidatos/as seleccionados/as de acordo cos criterios anteriores serán convocados a unha entrevista persoal e a unha proba relativa ás funcións do posto.
Entrevistarase polo menos aos tres candidatos/as mellor valorados/as e que entre os dous apartados anteriores alcanzaran polo menos 35 puntos.

REQUISITOS XERAIS DOS CANDIDATOS

Para ser admitidas/os, as persoas aspirantes, ademais de cumprir os requisitos específicos esixidos na actividade ou proxecto para a que realicen a súa solicitude indicados no punto anterior, deberán posuír no día de finalización de presentación de solicitudes e mantelos ata a data prevista de finalización do contrato, os seguintes requisitos de carácter xeral:
o Ter nacionalidade española ou dalgún dos demais Estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún estado, ao que, en virtude de tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.
o Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, a/o cónxuxe das persoas con nacionalidade española e de algún dos demais Estados membros da Unión Europea, e cando así o prevea o correspondente tratado, o dos nacionais de algún estado ao cal en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, sempre que non estean separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións, poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe, menores de vinte un anos ou maiores de dita idade que vivan ao seu cargo. o Así mesmo poderán participar as persoas con nacionalidade de países non membros da Unión Europea ou que non estean incluídos no ámbito de aplicación dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores. No obstante, a formalización do contrato laboral con estes nacionais queda condicionada a que os aspirantes teñan concedida a excepción ou permiso de traballo e residencia legal en España.
o Ter cumpridos os 16 anos.
o Estar en posesión da/s titulación/s válida/s en España que se indique/n de acordo á lexislación española.
o Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física o psíquica que sexa incompatible co desempeño das funcións correspondentes.
o Non estar separado, mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas nin estar inhabilitado para o desempeño das funcións públicas.

CONDICIÓNS:
o Retribución bruta mensual: 1.862,62 € en 12 pagas.
o Data inicio prevista: febreiro de 2022.
o Duración e data estimada fin de obra prevista: 6 meses dende o inicio da contratación.
o Xornada laboral: a xornada completa.

LUGAR DE TRABALLO: Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga), Campus Vida, Santiago de Compostela.

ENVÍO DE SOLICITUDES
As persoas interesadas neste contrato deberán enviar antes do 14 de febreiro de 2022 ás 23:59 horas as solicitudes, que deberán incluír unha carta de presentación que resuma a traxectoria do solicitante cos méritos e experiencia a valorar na convocatoria, o currículum vitae (con teléfono móbil e correo electrónico), os títulos e os expedientes académicos de Grao/Licenciatura/Enxeñería, Mestrado, Doutorado; e a vida laboral (que acredite os méritos profesionais que aparecen no currículum vitae). Toda a documentación remitirase á seguinte dirección de correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. indicando en “asunto” a referencia da oferta CITMAga-OT-03/2022. Unha vez recibida a solicitude confirmarase a recepción da mesma mediante correo electrónico. Os candidatos que sexan convocados á fase de entrevista deberán aportar documentación orixinal dos méritos aportados.

PRAZOS E RESOLUCIÓN:
Recepción de solicitudes: ata o 14 de febreiro de 2022 ás 23:59 horas
Avaliación de solicitudes e realización de entrevistas persoais: semana do 14 de febreiro de 2022.
Resolución da convocatoria: segunda quincena de febreiro 2022.

MAIS INFORMACIÓN: Na web http://www.itmati.com/citmaga-ot-03-2022