EMPLEO | Axudas de apoio a etapa de formación posdoutoral Modalidade B

AXUDAS PARA COMPLETAR A ETAPA DE FORMACIÓN POSDOUTORAL 2022

Axudas de apoio a etapa de formación posdoutoral Modalidade B

No Diario Oficial de Galicia do día 21 de xaneiro de 2022 publicouse a orde do 31 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para completar a etapa de formación posdoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (códigos de procedemento ED481D e IN606C).

Data límite para a presentación da declaración de interese remata: 09-02-2022 as 14:00 horas
Co fin de poder garantir a presentación de todas as solicitudes na data de finalización do prazo establecido pola Xunta de Galicia (21/02/2022) é imprescindible que toda a documentación necesaria para a presentación da solicitude esté subida na Sede Electrónica da Xunta de Galicia antes da seguintes datas, a partir das cales a USC non poderá garantir a presentación das solicitudes en prazo: 15-02-2022 as 14:00 horas