CONGRESO | ANNUAL MEETING 2021 - Aberto envío de abstracts

Annual Meeting volve este ano na súa 4ª edición e desenvolverase os días 1 e 2 de xullo de xeito totalmente virtual (despois de que o ano pasado suspendérase debido ás restricións provocadas pola COVID-19).

Está organizado polos posdoutorandos/as do centro coa intención de reunir, un ano máis, a persoal investigador interesado en medicina, bioloxía, química, física, matemáticas e tecnoloxías da información, sendo o CINBIO o punto de encontro. Unha oportunidade tanto para académicos como para estudantes de crear debate, compartir e discutir resultados.

Terá dúas recoñecidas bioestatísticas como invited speakers: Rebecca Betensky e Jeanine Houwing-Duistermaat.

A inscrición é gratuita. O formulario de rexistro para o envío de abstracts xa está aberto ata o 15 de maio e na páxina web https://cinbio.es/annualmeeting tendes toda a información sobre o evento: poñentes invitados, instrucións de rexistro, datas etc.