EMPLEO | Contrato de investigación - Pontevedra

O Laboratorio de Enxeñería Cartográfica da Escola de Enxeñería Forestal oferta 1 contrato de investigación para desenvolver tarefas centradas no procesamento de datos cartográficos a gran escala (imaxes satelitais e LiDAR) ao abeiro do proxecto:
Desenvolvemento do Inventario Forestal Continuo de Galicia, Convenio de Cooperación entre Xunta de Galicia, Universidade de Vigo e Universidade de Santiago de Compostela
Características do contrato:
Duración: 6 meses iniciais con posibilidade de extensión durante un ano máis.
Lugar de traballo: EE Forestal (Pontevedra)
Retribución bruta mensual ano 2021: 1250EUR.

Requisitos e perfil do candidato/a:
Nivel de estudios requerido: Enxeñería e/ou Máster.
Titulación preferente: Graduado en Enxeñería Informática e afíns.
Formación complementaria: coñecementos de programación.
Nivel desexable de Inglés: equivalente a B2 ou superior.

Selección
O proceso selectivo consistirá na valoración do CV e da experiencia e capacidades da persoa candidata, e nunha entrevista persoal de ser necesario.
Será resolto por unha comisión formada polos responsables do proxecto.
Documentación
As persoas interesadas deben enviar o seu CV completo e copia do expediente académico (formato pdf) ao seguinte enderezo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.