Xogo de Simulación Empresarial-bugaMAP-FUNDACIÓN MAPFRE

A actividade “Xogo de Simulación Empresarial bugaMAP” é un xogo de estrategia empresarial aplicado ao mercado asegurador, onde os alumnos terán que tomar decisión empresariais.
Un docente de MAPFRE virá a impartir a actividade.


Dado que se precisa de algún coñecemento de conceptos contables e ratios de gestión para poder tomar as decisiones, o curso está destinado a alumnos de Másteres e dos últimos anos de Graos.
A actividade conta ca colaboración do Decanato da Facultade.
Será o luns (segunda) 2 de Marzo de 15:00-21:00.

%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%
Xogo de Simulación Empresarial – bugaMAP
Docente: Julio Arias (MAPFRE)
Día: 2 de Marzo (Luns)
Hora: 15:00-21:00
Lugar aula seminario 5
Facultade de C.C. Económicas e Empresariais de UVigo
Organiza: Fundación Mapfre, Decanato da Facultade e Máster Universitario en Economia.
Destinado: prioritariamente a alumnos dos Másteres da Facultade e alumnos dos últimos anos dos Graos de Economia, ADE e Dobre Grao ADE-Dereito. Actividade gratuíta.
Aos alumnos asistentes entregaranlle un diploma (que se pode incluir no CV como formación especializada en Seguros).

Interesados: ANTES DO 28 de FEBREIRO enviar un mail a Eduardo L.Giménez (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.)
co Asunto: "Xogo de Simulación Empresarial", e
indicando:
a) o nome e apelidos
b) Máster/Grao e ano que está estudando.

A inscripción será por riguroso orde de solicitude, priorizando:
i) alumnos dos Másteres da Facultade e
ii) alumnos de 4o curso dos Graos de Economia, ADE e Dobre Grao ADE-Dereito.
iii) alumnos de 3o curso dos Graos de Economia, ADE e Dobre Grao ADE-Dereito.

O CURSO:
Impartido de xeito gratuita nunha treintena de universidades españolas pola FUNDACIÓN MAPFRE por un profesional de MAPFRE.
Obxectivo: difundir a cultura aseguradora.

A actividades de 4-6 horas, é completamente gratuíta para 20-40 alumnos onde un instructur impartirá unhas nocións, para logo xuntarse en equipos de 4-5 alumnos cun PC ou portátil para desenvolver o xogo.
Na aula seminario 5 hai 40 puestos, polo que os alumnos non terian que levar nengún portátil.

Dado que se precisa de algún coñecemento de conceptos contables e ratios de gestión para poder tomar as decisiones, o curso está destinado, en prelación de prioridade, a alumnos de Másteres e dos últimos anos de Graos.

Vídeo explicativo da actividade que realizan cos alumnos e un documento explicativo do xogo.
https://segurosypensionesparatodos.fundacionmapfre.org/syp/es/talleres/juego-estrategia-bugamap/

Enlaces doutras universidades onde se impartiu o curso:
https://blog.uchceu.es/marketing/compite-y-aprende-estrategia-empresarial-con-una-compania-aseguradora-bugamap/
https://medios.uchceu.es/actualidad-ceu/bugamap-el-business-game-de-mapfre-vuelve-al-ceu/
https://www.upo.es/diario/docencia-formacion/2016/04/la-upo-acoge-el-juego-de-simulacion-empresarial-aplicado-al-mercado-asegurador-bugamap/
http://www3.uah.es/macaf/actualidad.html

%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%%

Más información