O grupo de investigación SiDOR (Statistical Inference, Decision and Operations Research, http://sidor.uvigo.es) da Universidade de Vigo ofrece varios contratos de iniciación á investigación en Estatística e Investigación Operativa para alumnos do Máster en Técnicas Estatísticas. A investigación a realizar corresponde ás liñas estratéxicas do grupo SiDOR, que inclúen investigación básica e proxectos de I+D con empresas e institucións. 
 Requisitos:  
 •	Estar matriculado no Máster en Técnicas Estatísticas durante o curso 2018-2019 
 •	Manexo de software estatístico. Coñecementos de programación 
 •	Bo nivel de inglés falado e escrito 
 
 Criterios de valoración:  
•	Expediente académico do grao 
 •	Expediente académico de máster, no seu caso 
 •	Curriculum vitae 
 •	Entrevista persoal  
 Descrición do traballo:  
 •	Salario bruto: 1250 euros/mes 
 •	Xornada de traballo semanal: 37.5 horas/semana 
 •	Duración do contrato: de 3 a 5 meses 
 •	Centro de traballo: Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Campus Universitario As Lagoas-Marcosende (Vigo) 
 •	A investigación a realizar poderá motivar un Traballo Fin de Máster (TFM) 
 
 Presentación de solicitudes e prazo: 
•	Mediante correo electrónico dirixido a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. co seguinte asunto: Contrato Ini Inv - SiDOR
 •	Achegar expediente académico de grao/máster e CV 
 •	Prazo: ata as 14:00 horas do 20 de marzo de 2019
 •	Data estimada de resolución para a provisión das prazas: 10 de abril de 2019 
 •	Data prevista de inicio do contrato: entre o 1 de maio e o 1 de xuño de 2019 
 
 Ver también: 
 http://sidor.uvigo.es/en/about/news/1244-oferta-de-traballo-contratos-iniinv-sidor
