DATOS DO PROXECTO
Título: Desarrollo de soluciones inteligentes para una logística verde (SIGSOL) -Programa Conecta Peme
Referencia: IN852A 2014/17
Investigador Principal: Ignacio García Jurado
DETALLES DA CONVOCATORIA
Tarefas a realizar: Colaborar nas tarefas de modelización e resolución matemática dos problemas de optimización asociados ao deseño dunha operativa de transporte de elementos eólicos. Colaborar na implementación dos algoritmos obtidos e na comprobación experimental dos modelos, métodos e programas.
Xustificación da duración do contrato: O candidato seleccionado dedicará dous meses a participar nas tarefas de modelización e resolución matemática, tres meses a participar na implementación dos algoritmos deseñados e tres meses á comprobación experimental dos modelos, métodos e programas.
Requisitos dos candidatos:
• Licenciado, graduado ou enxeñeiro.
• Valorarase ter un mestrado en estatística, investigación de operación ou áreas análogas.
• Coñecementos de linguaxes de programación.
• Coñecementos de técnicas de programación matemática.
• Non ter vinculación laboral coa Universidade dá Coruña nin a ter tido nos dous últimos anos.
Criterios e valoración de méritos:
• Expediente académico da titulación superior (máximo 2 puntos). Neste apartado precísase obter polo menos 0.5 puntos sobre 2.
• Expediente académico do mestrado (máximo 1 punto). Neste apartado precísase obter polo menos 0.25 puntos sobre 1.
• Publicacións e outros méritos de investigación e práctica profesional relacionados coas tarefas a realizar (máximo 3 puntos).
• Entrevista persoal, no caso de considerarse necesaria (máximo 4 puntos).
Documentación que debe presentar o solicitante:
• Fotocopia DNI.
• Fotocopia da titulación académica.
• Curriculum vitae.
Lugar de presentación: Por correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Prazo de presentación: 10 días dende a publicación da convocatoria no páxina web da UDC (30/09/2014).