O Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información da Universidade de Santiago de Compostela (CITIUS) selecciona candidat@s para:
Contrato de traballo a tempo completo asociado á actividade “Adaptation of Direct Kernel Perceptron for the classification of chemical-genetic patterns in the pharmacological domain”. A duración do contrato será de catro meses, con data de inicio prevista o 10/11/2014. A contía do contrato será de 1.462,50 € brutos/mes.
Requisitos mínimos para presentación do candidato:
• Estar en posesión dalgún dos seguintes títulos ou equivalentes:
o Graduado en Informática.
o Enxeñeiro Técnico en Informática.
o Licenciado en Matemáticas.
o Licenciado en Física.
• Experiencia en programación na linguaxe C++.
• Manexo de sistemas GNU/Linux.
Habilidades valorables positivamente:
• Coñecemento de tecnoloxías de análise intelixente de datos.
• Coñecemento de estratexias de paralelismo e supercomputación Tarefas a desenvolver.
• No proxecto desenvolverase unha adaptación do algoritmo Direct Kernel Perceptron (DKP) para a clasificación de datos químico-xenómicos.
O obxectivo é desenvolver unha implementación eficiente en C++ para o manexo de grandes volumes de datos, tanto no número de patróns como de características, con natureza dispersa e desbalanceada.
@s interesad@s poden enviar o seu currículo mediante correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.ata o día 31/10/2014.