A EGAP, en colaboración coa Rede de Excelencia "Universidade, Innovación e Aprendizaxe na Sociedade do Coñecemento", pon en marcha o I Simposio internacional "Aprendizaxe-servizo na educación superior. Innovación, calidade e institucionalización" que terá lugar en Santiago de Compostela o 27 de maio de 2015. Este simposio ten como obxectivos analizar as posibilidades de aprendizaxe-servizo no marco do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), promover o coñecemento e a reflexión en torno ao aprendizaxe-servizo nas Universidades de Galicia, estudar posibles estratexias de incorporación e/ou institucionalización do aprendizaxe-servizo na Educación Superior e coñecer experiencias de aprendizaxe-servizo desenvolvidas ou en desenvolvemento, nas Universidades de Galicia.
Destinatarios: Profesorado das universidades de Galicia, así como persoal en formación (bolseiros FPI, PFU, e bolseiros predoutorais e posdoutorais da Xunta de Galicia) e interesados en xeral.
Lugar: EGAP, Santiago de Compostela.
Data: 27 de maio de 2015.
Horario: mañá e tarde.
Duración: 8 horas lectivas.
Inscrición: en http://egap.xunta.es/matricula ata as 14 horas do 19 de maio de 2015.
Máis información: http://egap.xunta.es/Documentos/noticias/[1430293339]simposio_gal.pdf