XVI edición das Bolsas Manuel de Oya: Cervexa, Saúde e Nutrición

O Centro de información Cervexa e Saúde convoca a XVI edición das bolsas Manuel de Oya para fomentar a investigación en torno ao consumo moderado de cervexa e a súa relación cos diferentes aspectos da saúde humana, que non fosen realizados nin difundidos con anterioridade en España.
REQUISITOS BÁSICOS


• Poderán solicitar as bolsas os estudantes de último curso de grao de calquera carreira universitaria de ciencias ou dun curso de postgrao, sempre que se trate de centros de ensino superior de universidades españolas.
• Así mesmo, admitiranse as solicitudes de licenciados e titulados superiores de calquera carreira de ciencias.
• En todo caso, a data de nacemento dos solicitantes deberá ser posterior ao 1 de xaneiro de 1985.
• Os solicitantes deberán contar cun director de proxecto que pertenza a unha universidade ou centro de investigación español.

Entidade convocante:
Ligazón de interese: www.cervezaysalud.es/2015/06/abierta-la-convocatoria-de-la-xvi-edicion-de-las-becas-manuel-de-oya-cerveza-salud-y-nutricion/