Resumen del trabajo fin de master



Título: Estudio y aplicación de modelos estadísticos para la estimación de la variabilidad del Carbono Orgánico Disuelto en el océano global
Universidad que ofrece el proyecto: Universidade de Vigo
Director/a:
Sestelo Pérez, Marta;  Martínez Villanueva, Nora
Alumno/a:
Soto Tielas, Mateo
Resumen:
Este traballo de fin de mestrado ten como obxectivo principal a creación e avaliación de modelos estatísticos para a estimación e xeración de climatoloxías de Carbono Orgánico Disolto (COD) no océano. O estudo levarase a cabo a escala global co fin de identificar patróns e comportamentos relevantes que contribúan a unha mellor comprensión da dinámica do COD en distintos contextos xeográficos do oceáno global. O proxecto divídese en varias fases clave, cada unha centrada en tarefas específicas para garantir o cumprimento dos obxectivos: - Revisión bibliográfica e Estado da Arte: Realización dunha análise exhaustiva da literatura científica sobre modelos estatísticos aplicados ao estudo de variables oceánicas, en particular sobre a modelización do Carbono Orgánico Disolto. - Recopilación e preprocesamento de Datos: Obtención de datos de COD a partir de diversas fontes, como bases de datos globais, imaxes satelitais e medicións in situ. - Desenvolvemento de Modelos Estatísticos: Aplicación e comparación de diferentes enfoques estatísticos, como métodos de regresión lineal, redes neuronais, modelos de bosques aleatorios…entre outros. Os modelos serán axustados cos datos dispoñibles e avaliados mediante técnicas de validación cruzada. - Validación e comparativa de resultados: Avaliación dos resultados obtidos para cada modelo mediante métricas de precisión, sensibilidade e exactitude. A validación realizarase comparando os resultados dos modelos con datos observacionais independentes ou datos non utilizados durante o adestramento dos modelos. -Interpretación dos patróns espaciais e temporais: Análise dos patróns espaciais e temporais derivados das climatoloxías xeradas, identificando as variables ambientais e procesos oceanográficos que determinan a COD. Este traballo proporcionará unha visión comparativa entre diferentes enfoques estatísticos, avaliando cales son máis axeitados para a modelización do Carbono Orgánico Disolto cun enfoque global, o que permitirá avanzar no coñecemento dos ciclos biogeoquímicos mariños.
Más información