Resumen del trabajo fin de master



Título: Análisis de supervivencia en pacientes con insuficiencia cardiaca
Universidad que ofrece el proyecto: Universidade de Santiago de Compostela
Director/a:
Borrajo García, María Isabel
Alumno/a:
Romaris Lodeiro, Nataly Maria
Resumen:
A IC (insuficiencia cardíaca) é unha afección crónica e dexenerativa na que o corazón deixa de bombear sangue de forma eficiente ao resto do corpo. Datos recentes mostran que a IC afecta a 26 millóns de persoas no mundo e é a causa máis frecuente de hospitalización en persoas maiores de 65 anos. En España, preto do 1% da poboación maior de 40 anos presenta IC, prevalencia que se duplica con cada década de idade, e sitúase arredor do 10% no maiores de 70 anos. En concreto en España, hai preto de 80000 ingresos hospitalarios por esta causa todos os anos, sendo unha importante causa de tensión nos sistemas sanitarios. Ademais, recentemente, na área de cardioloxía mostrouse interese por establecer a posible relación entre a IC e enfermidades tumorais. Segundo estudos recentes, parece que os pacientes con IC poden ser máis propensos a sufrir unha enfermidade tumoral que a poboación en xeral. Os datos arriba presentados motivaron esta proposta de TFM na que se pretende facer en primeiro lugar unha análise de supervivencia dos pacientes con IC na Área Sanitaria de Santiago e Barbanza. En segundo lugar, e tendo en conta a nova hipótese sobre neoplasias, incluirase no estudo tamén a análise das mesmas en pacientes con IC.
Más información