Resumen del trabajo fin de master



Título: Análisis estadístico del servicio de urgencias del Complejo Hospitalario Universitario Santiago de Compostela (CHUS)
Universidad que ofrece el proyecto: Universidade de Santiago de Compostela
Director/a:
Conde Amboage, Mercedes;  Borrajo García, María Isabel
Alumno/a:
Bamio Martínez, David
Resumen:
Unha xestión eficiente da asistencia é chave para o bo funcionamento de calquera centro hospitalario, ademais de supoñer un importante impacto económico e sanitario en toda a poboación. Unha das áreas nas que esa xestión ten unha especial importancia son os servizos de urxencias. Un colapso ou unha administración pouco eficiente dos recursos destes servizos pode derivar en consecuencias irreversibles para as/os doentes. Neste traballo levarase a cabo unha exhaustiva análise dos ingresos no servizo de Urxencias do CHUS entre os anos 2015 e 2019. Esta análise levarase a cabo dende diferentes perspectivas dentro do campo da Estatística, como poden ser os datos funcionais, os datos direccionais ou mesmo as series de tempo, coa finalidade de identificar posibles patróns, tendencias ou características específicas na evolución dos ingresos.
Más información