CINBIO - Procedemento de selección de persoal. Dous postos CINBIO 24 e CINBIO 25

Convocatoria do Procedemento de Selección para a contratación, mediante contrato en réxime temporal, de persoal de apoio a investigación para o CINBIO (Centro Singular de Investigación de Galicia 2016-2019).

Financiamento: Axudas da Orde do 11 de agosto de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das Axudas para a acreditación, estruturación e mellora de centros de investigación singulares e agrupacións estratéxicas consolidadas do SUG, cofinanciadas polo Feder, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, segundo resolución do 24 de novembro de 2016.

Convocatoria e requisitos de acceso:
CINBIO 24 . Responsable da Unidade de Xestión (Centro Singular).
CINBIO 25 . Análise bioinformático de dados NGS. Predoutoral.

Requisitos:

  • Grao en Bioinformática, Xenómica, Bioloxía, Biotecnoloxía, Informática, Estatística ou campos relacionados. Mestrado en Bioinformática, Xenómica, Bioloxía, Biotecnoloxía, Informática, Estatística ou outras disciplinas científicas relacionadas.
  • Experiencia no análise computacional de dados NGS (Next‐Generation Sequencing).
  • Experiencia en programación de tuberías bioinformáticas en Perl, Python, R ou similar.

Habilidades:

  • Coñecementos de xenómica tumoral.
  • Coñecementos de bioloxía evolutiva.
  • Coñecementos de estatística.
  • O/A candidato/a debe estar altamente motivado/a, ser un/unha traballador/a independente coa intención de avanzar na súa tese.
  • Habilidades de comunicación para traballar nun grupo diverso.

Liña de investigación: Xenómica do cancro.

Envío de solicitudes a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. .

Data límite de envío: 15 de Outubro 2017 (16:00 , hora local).

Máis información aquí y aquí.