EMPLEO | 1 Contrato predoutoral en formación _Proxecto PID2024-158017NB-I00_CITMAga-OT-07-2026

REFERENCIA DA OFERTA: CITMAga-OT-07/2026

DENOMINACIÓN: 1 Contrato predoutoral en formación no marco dos “Proxectos de Xeración de Coñecemento 2024” – COD3NP – REFERENCIA: PID2024-158017NB-I00.

DESCRICIÓN DO POSTO:

1 contrato como investigador/a predoutoral en formación, no marco do proxecto referenciado PID2024-158017NB-I00 financiado pola convocatoria 2024 de axudas a «Proxectos de Xeración de Coñecemento» e actuacións para a formación de persoal investigador predoutoral asociadas aos devanditos proxectos.

TRABALLO A REALIZAR:

Realización de tarefas de investigación no marco do proxecto “Inferencia non paramétrica para datos, dependencias e dinámicas complexas” (COD3NP), con estadías de investigación de catro meses en KU Leuven (Bélxica).

FUNCIÓNS A REALIZAR:

O obxectivo principal é realizar traballos de investigación nos ámbitos de datos nesgados, datos funcionais ou datos direccionales, segundo os intereses da persoa seleccionada. As principais funcións inclúen contribuír con COD3NP en: os seus obxectivos metodolóxicos relacionados coa inferencia non paramétrica (WP1): liñas L1 (Dependencias e dinámicas complexas), L2 (Datos funcionais) e L3 (Datos en variedades); os seus obxectivos prácticos, centrados na aplicación a datos reais (WP3); e no desenvolvemento de software estatístico, coa implementación das técnicas en código R (WP2). Ademais, a persoa seleccionada, como parte do seu programa formativo de doutoramento, redactará artigos científicos, contribuirá á divulgación e transferencia de coñecemento e dos resultados obtidos mediante presentacións en congresos locais e internacionais, e outras actividades como a organización de eventos con comunidade científica.

PERFIS DOS CANDIDATOS:

icenciados/as, Enxeñeiros/as, Graduados/as ou equivalentes con polo menos 300 créditos ECTS (European Credit Transfer System) ou inferior a 300 ECTS con mestrado universitario, ou equivalente.

As persoas solicitantes deberán estar admitidas nun Programa de Doutoramento e presentar unha declaración de ter ou non gozar doutras axudas/contratos, dirixidas á súa formación predoutoral, ao momento de asinar o contrato.

MÉRITOS E REQUISITOS A VALORAR:

Sen prexuízo para os Criterios de baremación establecidos pola 2da Convocatoria Xeral 2025 do proceso de selección e avaliación de persoal investigador en formación asociada a “Proxectos de Coñecemento 2024”, valorarase:

  • Formación e experiencia xeral a valorar (30 puntos, todas as aportacións deben estar documentadas).
    • Expediente académico do grao/licenciatura/enxeñaría (10 puntos).
    • Expediente do máster no ámbito da Estatística e Investigación Operativa, Ciencia de Datos ou similares (10 puntos).
    • Mobilidade e internalización de estancias de investigación (5 puntos).
    • Coñecementos de inglés (5 puntos).
  • Coñecementos e experiencia adicional e específica a valorar (40 puntos, todas as aportacións deben estar documentadas).
    • Formación e experiencia acreditada en: modelización estatística; análise e programación de algoritmos estatísticos (20 puntos).
    • Formación e experiencia acreditadas en programación e na linguaxe de programación R (10 puntos).
    • Coñecemento e experiencia acreditada traballando nalgunha das seguintes áreas: datos funcionais; datos direccionales; regresión cuantil; procesos puntuais; estimación de conxuntos; inferencia en datos complexos: nesgados, en variedades, incompletos ou de baixa calidade (10 puntos)
  • Entrevista persoal (30 puntos).

As persoas candidatas seleccionadas de acordo cos criterios anteriores serán convocadas a unha entrevista persoal. Entrevistaráse polo menos as tres candidatas/os co mellor baremación e que entre os dous apartados anteriores alcancen polo menos 40 puntos. 

CONDICIÓNS: 

  • Retribución bruta mensual: 1.357,66 € en 14 pagas.
  • Data inicio prevista: 01/06/2026, y e necesariamente o día 1 do mes que corresponda.
  • Tipo de contrato: Contrato de persoal investigador predoutoral modalidade Lei 14/2011 da ciencia, a tecnoloxía e a innovación.
  • Categoría Laboral: Persoal investigador en formación.
  • Duración: non maior a 4 anos, segundo as bases e o anexo 1 da 2da Convocatoria Xeral 2025. 
  • Xornada laboral: a tempo completo (35.0 horas semanais).

ENVÍO DE SOLICITUDES:

As persoas interesadas neste contrato deberán enviar antes do 10 de maio de 2026 ás 23:59 horas as solicitudes, que deberán incluír, unha carta de presentación que resuma a traxectoria do solicitante cos méritos e experiencia a valorar na convocatoria, o currículum vitae (con teléfono móbil e correo electrónico), os títulos e os expedientes académicos de Grao/Licenciatura/Enxeñaría e Máster; outras certificacións, e a vida laboral (que acredite os méritos profesionais que aparecen no currículum vitae). Toda a documentación remítese á seguinte dirección de correo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. indicando en “asunto” a referencia da oferta CITMAga-OT-07-2026. Unha vez recibida a solicitude, confírmase a recepción da mesma mediante correo electrónico. As persoas candidatas que sexan convocadas á fase de entrevista deberán aportar documentación orixinal dos méritos aportados.

Máis información