DESCRICIÓN:
Baixo o lema europeo “Conciencias creativas”, en Galicia participan as universidades de Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña, varios institutos do CSIC (Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, Instituto Español de Oceanografía, Misión Biolóxica de Galicia, Instituto de Investigacións Mariñas e Instituto de Ciencias do Patrimonio), as fundacións de investigación sanitaria Instituto de Investigación Biomédica de A Coruña e o Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, o Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga) e o Centro de Supercomputación de Galicia.OBXECTIVO:
-Achegar a ciencia e o persoal investigador ao público.
-Aumentar o interese da mocidade pola ciencia e as carreiras científicas.
-Amosar como o traballo dos investigadores e investigadoras afecta á nosa vida diaria.
DATA CELEBRACIÓN:
26 de setembro de 2025