DESCRICIÓN:
Os vindeiros días 6 e 7 de maio celebrarase unha nova edición da Feira Virtual de Emprego da USC, unha iniciativa que ten como obxectivo conectar o estudantado e persoas tituladas da USC co tecido empresarial, ofrecendo acceso a ofertas laborais activas, charlas sobre empregabilidade e espazos de interacción directa con empresas e entidades participantes.
Esta feira é unha iniciativa da Área de Orientación Laboral da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura, coa que se busca implicar a toda a comunidade universitaria, para que o alumnado poida coñecer de primeira man aspectos clave do acceso ao emprego, contactar con profesionais dos recursos humanos e coñecer os perfís máis demandados polas empresas.
A feira desenvolverase desde as 08:00 h do martes 6 de maio ata as 20:00 h do mércores 7 de maio.
Durante estas dúas xornadas, as persoas participantes poderán:
- Enviar o seu currículo ás ofertas de emprego activas.
- Asistir ás conferencias programadas, previa inscrición.
- Interactuar coas empresas e co equipo da Área de Orientación Laboral e Emprego mediante chats públicos, privados ou videochamadas.
- Consultar contidos informativos das entidades expositoras: vídeos, ligazóns, redes sociais, etc.
REXISTRO:
As persoas interesadas poden rexistrarse na plataforma habilitada e subir o seu currículo en formato PDF, o que lles permitirá acceder a todas as funcionalidades do evento.
Para máis información ou dúbidas, pode contactar coa Área de Orientación Laboral e Emprego da USC a través do correo: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo..