DESCRICIÓN:
O vindeiro xoves, 28 de novembro, a Escola Técnica Superior de Enxeñería (USC) acollerá unha nova edición do Foro de Empresas EQ-ETSE, un evento clave para que o alumnado de grao e máster en Enxeñería Química e outras titulacións da USC, poidan ter un contacto directo con empresas nas que poderían traballar nun futuro.
Máis de 20 empresas de referencia en Galicia confirmaron a súa asistencia, incluíndo Cortizo, Repsol, Nueva Pescanova, Finsa, Viaqua, entre outras, así como entidades como o Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais da Coruña (Coeticor) e áreas de Orientación Laboral e de Transferencia da USC.
O foro desenvolverase de 09:00 a 15:00 h, incluíndo: Presentación breve das empresas (ata as 11:30 h) e un tempo para que o alumnado poida interaccionar coas persoas representantes das empresas nos correspondentes stands (de 11:30 a 14:30-15:00 h).