Oferta de Emprego: CITMAga-OT-05-2023: 1 contrato como investigador/a colaborador/a para realización de tarefas de investigación no marco do proxecto “Sistema experto de previsión de demanda e xestión de stocks”.

DENOMINACIÓN: “Sistema experto de previsión de demanda e xestión de stocks”.

REFERENCIA DA OFERTA: CITMAga-OT-05/2023.

DESCRICIÓN DO POSTO: 1 contrato como investigador/a colaborador/a.

TRABALLO A REALIZAR: realización de tarefas de investigación no marco do proxecto “Sistema experto de previsión de demanda e xestión de stocks”.

FUNCIÓNS A REALIZAR: realizar os traballos de investigación para o desenvolvemento dun “Sistema experto de previsión de demanda e xestión de stocks”. As funcións centraríanse neste ámbito: Farase un estudo previo dos datos históricos co obxectivo de obter a distribución temporal das compras e vendas de cada un dos artigos ao longo do tempo. Con esta información de desenvolverá un modelo preditivo que permita facer unha xestión dinámica do stock establecendo os valores mínimos e máximos de cada produto que se irán actualizando ao longo do tempo. Doutra banda, dado o gran número de artigos cos que se traballará, será de gran importancia que a metodoloxía proposta sexa eficiente desde un punto de vista computacional de forma que as solucións propostas póidanse obter nun período de tempo razoablemente curto.

RESPONSABLE: Profesor D. Javier Roca Pardiñas.

PERFIS DOS CANDIDATOS: Licenciados/as, Enxeñeiros/as, Graduados/as ou equivalentes.

MÉRITOS E REQUISITOS A VALORAR:
Formación e experiencia xeral a valorar (40 puntos, todas as achegas deben estar documentadas).
o Expediente académico do grao/licenciatura e/o máster. Valorarase grao ou licenciatura en matemáticas e máster en técnicas estatísticas (20 puntos).
o Experiencia previa en análise de datos e modelos preditivos (10 puntos).
o Coñecementos avanzados e experiencia previa no uso de linguaxes de programación (10 puntos).
Coñecementos e experiencia adicional e específica a valorar (30 puntos, todas as achegas deben estar documentadas).
o Coñecementos e experiencia previa en técnicas de machine learning e predición relacionada coa temática do proxecto. Valorarase experiencia con software R (15 puntos).
o Coñecementos e experiencia previa en metodoloxía e aplicacións para a análise de aplicacións reais abordadas desde o enfoque da avaliación da predición da demanda (15 puntos).

Entrevista persoal (30 puntos).

As persoas candidatas seleccionadas de acordo cos criterios anteriores serán convocadas a unha entrevista persoal. Entrevistaranse polo menos ás tres persoas candidatas con mellor valoración e que entre os dous apartados anteriores alcanzasen polo menos 45 puntos.

CONDICIÓNS:
Retribución bruta mensual: 1.670,89 € en 14 pagas.
Data inicio prevista: A partir do día seguinte á data de resolución da selección [1].
Tipo de contrato: contrato por circunstancias da produción.
Categoría Laboral: investigador/a colaborador/a.
Duración: 4 meses [2]
Xornada laboral: a tempo completo (35.0 horas semanais).

LUGAR DE TRABALLO: Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga), Campus Vida, Santiago de Compostela.

ENVÍO DE SOLICITUDES

As persoas interesadas neste contrato deberán enviar antes do 21 de maio de 2023 ás 23:59 horas as solicitudes, que deberán incluír unha carta de presentación que resuma a traxectoria do solicitante cos méritos e experiencia a valorar na convocatoria, o currículo vitae (con teléfono móbil e correo electrónico), os títulos e os expedientes académicos de Grao/Licenciatura/Enxeñería, Mestrado; outras certificacións, e a vida laboral (que acredite os méritos profesionais que aparecen no currículo vitae). Toda a documentación remitirase á seguinte dirección de correo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. indicando en “asunto” a referencia da oferta CITMAga-OT-05/2023. Unha vez recibida a solicitude confirmarase a recepción da mesma mediante correo electrónico. As persoas candidatas que sexan convocadas á fase de entrevista deberán achegar documentación orixinal dos méritos achegados.

PRAZOS E RESOLUCIÓN:
Recepción de solicitudes: ata o 21 de maio de 2023 ás 23:59 horas
Avaliación de solicitudes e realización de entrevistas persoais: : semana do 22 maio de 2023.
Resolución da convocatoria: segunda quincena de maio 2023.

Máis información: https://citmaga.gal/w/citmaga-ot-05/2023