Co gallo do XV Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións, o Máster Interuniversitario en Técnicas Estatísticas das tres universidades galegas, co apoio da SGAPEIO, convoca o concurso Posters MTE para posters de estatística e investigación de operacións realizados por estudantes de dito máster.
Poderán participar os/as estudantes matriculados/as no curso 2020-2021 no máster. A participación será a título individual.
Non hai límite de concursantes por cada universidade. Só se permite unha participación por estudante.
Os participantes no concurso realizarán un póster de estatística e/ou investigación de operacións.
- O estudantado que estea no primeiro curso académico ou no segundo pero que non defendese o traballo fin de máster e que non vaia a facelo neste curso, poderá facer un póster dalgún tema relacionado con algunha das materias cursadas, incluso dalgún traballo que tivesen que entregar. (Categoría A)
- O alumnado que vaia a defender o seu traballo fin de máster no curso 2020-2021, en calquera das súas convocatorias (xaneiro, xullo ou setembro), terá que facelo relacionado co seu traballo fin de máster (Categoría B)
Para participar en “Posters MTE” cómpre enviar un correo electrónico a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. co asunto “Inscrición Posters MTE”. Prazo de inscrición 17 de xuño de 2021.
Os posters presentados, realizados integramente polo estudantado participante, deben ser inéditos e orixinais.
Debe presentarse tamén un pequeno resumo co formato de plantilla de redacción creada para o congreso da SGAPEIO (.tex, .doc o .odt):
Modelo LaTeX (con exemplo de gráfica en pdf). | |
Modelo Word | |
Modelo OpenDocument. |
Cada participante debe enviar o seu póster ó correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo., co asunto “Traballo Posters MTE”.
De ser posible a súa presentación material nas dependencias do congreso, os traballos presentados en formato póster terán un espazo máximo de 1189 x 841 mm ou 33’1x46’8 in (formato A0). A organización proporcionará os recursos necesarios para a súa disposición nos espazos do congreso.
Prazo de envío de traballos (póster e resumo): 27 de setembro de 2021.
Cada póster será revisado de forma independente por dous avaliadores, que emitirán un informe de valoración. A organización do concurso, en base a estes informes, realizará unha preselección dos posters presentados dentro de cada categoría que serán remitidos ó xurado para o seu fallo.
Na valoración dos posters, teranse en conta os seguintes aspectos:
- A orixinalidade do tema.
- A calidade e innovación na presentación do póster.
- As conclusións e a análise crítica do póster.
O xurado estará composto por 5 membros: un representante do comité organizador do congreso da SGAPEIO, os coordinadores do máster e un representante dos departamentos con docencia no máster.
A decisión do xurado será inapelable e os premios poderán ser declarados desertos a proposta do mesmo.
O fallo do xurado darase a coñecer mediante correo electrónico e publicarase na páxina web do máster o 1 de outubro de 2021.
Concederase un premio en cada unha das categorías.
A cada póster premiado corresponderalle un ano de inscrición á SGAPEIO, así como a inscrición ó XV Congreso da SGAPEIO.
Tódolos participantes recibirán un diploma que acredite a súa participación no concurso.
Pode consultar as bases aquí.
DATAS IMPORTANTES PARA O CONCURSO |
Ata o 17 de xuño: último día para inscribirse no concurso. |
Ata o 27 de setembro: último día para o envío dos traballos. |
1 de outubro: fallo do xurado. |