Ata o vindeiro 9 de xuño de 2014 está aberto o prazo de inscrición para participar na edición 2014 do programa ARGOS, unha iniciativa conxunta da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento (AVTE) da USC e da incubadora de empresas UNINOVA, que contan coa colaboración das Facultades de Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago e a de Administración e Dirección de Empresas de Lugo.
Tomando coma eixos o “traballo en equipo” e o “aprender facendo” ao longo do programa acompáñase aos participantes no proceso de definición dunha idea de negocio, e avalíase a súa capacidade de chegar a un proxecto empresarial convincente.
As tres ideas clave do programa son:
A complementariedade de perfís persoais e profesionais no equipo que incide na eficiencia e eficacia do traballo e, polo tanto, na posibilidade de obter mellores resultados.
Que cada equipo sempre contará cunha persoa con coñecementos de xestión empresarial
Porase a disposición dos participantes unha carteira de resultados de investigación da USC que poderá ser a base do seu plan de empresa.
O programa está dirixido a alumnos/as dos últimos anos de licenciatura ou grao; alumnos/as de posgrado, máster ou doutoramento; egresados das ultimas promocións e colaboradores ou persoal integrado en grupos de investigación e estrutúrase en tres fases:
Nunha primeira fase que se desenvolverá ao longo da primeira quincena de setembro, os inscritos poderán participar en varias sesións informativas e de adestramento para o traballo en equipo. Na segunda etapa do programa procederase á constitución dos equipos multidisciplinares con catro ou cinco integrantes.
Finalmente na terceira etapa, os equipos baixo a titorización de persoal asignado polo programa ARGOS desenvolverán o seu plan de empresa que deberán presentar ante un xurado ao final da fase. Como apoio complementario nesta fase realizaranse outras accións formativas e diferentes visitas a empresas que contribuirán á mellor do plan de empresa.
Ao final do programa, os plans entregados, poderán optar a algunha das dúas categorías de premios establecidas e dotadas con 3.000€ cada unha e 6 meses de acceso gratuíto a espazos de incubación:
• ARGOS SPIN a proxectos empresariais xurdidos a partir de algún dos resultados de investigación xerados na USC.
• ARGOS ENXEÑO a proxectos empresariais xurdidos de ideas de negocio aportadas polos participantes no programa.
Para inscribirse hai que cumprimentar o formulario que figura, xunto coas bases do programa, na web: www.uninova.org e envíalo ao correo electrónicoEsta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo..
Para máis información tamén se pode contactar no correo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou nos teléfonos: 881 815 593/ 881 815 595 /881 815 596