A USC, a través da AVTE e UNINOVA, colabora coa Escola de Negocios EOI, do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, na organización dun curso gratuíto para os alumnos da universidade de Santiago de Compostela no que, cunha metodoloxía na que se intercalan sesións teóricas con actividades prácticas, se lle transmiten aos alumnos conceptos imprescindibles para a creación dunha empresa.
A ESCOLA DE NEGOCIOS EOI IMPARTE NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO A ACCIÓN FORMATIVA: “INICIATIVA EMPRENDEDORA”
No marco da estratexia de alianzas da USC con axentes implicados na promoción do emprendemento, a AVTE da USC e UNINOVA colaboran coa Escola de Negocios EOI na impartición, na Universidade de Santiago de Compostela, da acción formativa “Iniciativa Emprendedora” nos meses de novembro e decembro 2014.
Esta formación será impartida pola Escola de Organización Industrial (EOI), pertencente ao Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, que posúe unha ampla experiencia na posta en marcha de empresas por teren participado na xestación de varios miles de proxectos de empresas tanto dentro como fora de España.
Esta acción formativa trátase dunha actividade teórico- práctica, de carácter gratuíto, dirixida a alumnos de máster, de últimos anos de grao, de postgrao, de doutoramento e egresados dos últimos anos en paro, nesta orde de preferencia.
O proceso formativo consta dunha parte lectiva, de 30 horas de duración, na que se transmiten conceptos imprescindibles para a creación dunha empresa e se reforza con 40 horas de titorización a distribuír entre todos os grupos de traballo. Os módulos que se impartirán na fase lectiva son os seguintes: Ecosistema emprendedor, Innovación; Estratexia, Finanzas, Marketing, Emprendedor, Propiedade Intelectual e Comunicación.
Ao mesmo tempo, crearanse grupos de traballo entre os participantes e cada grupo elaborará un plan de negocio partindo dunha idea de empresa. Durante as seis semanas de duración do curso, e coa axuda dun titor, elaborarase o plan de negocio. Por último, realizarase unha presentación de cada proxecto ao resto dos alumnos ou posibles inversores como exercicio práctico de comunicación.
O curso impartirase na aula de formación do Edificio Emprendia (Campus Vida), principalmente en horario de tarde, os días: 10, 17, 24 e 25 de novembro e os días 1 e 11 de decembro de 2014.
Para máis información:
AVTE Campus de Santiago / UNINOVA
+34 881 815 596
Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
Inscricións no seguinte enlace:
http://www.eoi.es/portal/guest/curso/1057/iniciativa-emprendedora-sant%20iago-d%20e-compostela--universidad-de-santiago-de-compostela-2-edicion?EOI_tipo%20Pagina%20=1