A Fundación Banco Sabadell convoca 15 axudas para investigadores de nacionalidade española que estean en proceso de realización da tese doutoral nunha universidade española. O ámbito de aplicación das axudas é exclusivamente en ciencias sociais e humanidades. A axuda está destinada a financiar traballos, estadías en universidades españolas ou extranxeiras, en centros de investigación, e outras actividades relacionadas coa realización da tese doutoral. A contía individual das axudas é de 6.000 euros.