Convocatorias bolsas colaboración ministerio educación, retos e xeración de coñecemento

BOLSAS COLABORACIÓN DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN - CURSO 2018/2019
Dirixidas ao alumnado do último curso de estudos de grao e de primeiro curso de Máster universitario oficial. Prazo de entrega no IMAT o 12 setembro de 2018
http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/perfis/estudantes/descargas/curso1819/Resumen-informativo-bolsas-colaboracion-2018-2019.pdf

Documentación:
• Proxecto de colaboración avaliado polo Consello de departamento, instituto ou centro de investigación, cubrindo o ANEXO I: Proxecto_Colaboración_2018-2019. O Anexo I deberá ser debidamente cumprimentado polo/a solicitante, tutor/a e o/a secretario/a do departamento, instituto ou centro de investigación (neste caso o IMAT) e escanado ou fotografado, antes de cubrir o formulario da solicitude para achegalo electrónicamente en formato PDF.
• O alumnado que realizara o primeiro ciclo fóra da Universidade de Santiago de Compostela achegará escanada ou fotografada, en formato PDF, certificación académica persoal na que figuren todas as materias matriculadas e as súas cualificacións.
Requisitos do proxecto de colaboración:
• Presentarase avaliado coa solicitude, antes do 18 de setembro, polo que é recomendable que o alumnado o presente no departamento, instituto ou centro de investigación antes do 12 de setembro (neste caso o IMAT).
• Versará sobre algunha das materias troncais ou obrigatorias para a obtención da titulación que estea facendo. Describirá, detalladamente, as funcións que se realizarán durante a colaboración, así como o réxime de traballo e horario que deberá cumprir o/a bolseiro/a. Formará parte dalgunha das liñas de investigación desenvoltas no departamento.
• Avaliado e puntuado polo Consello de Departamento, ou órgano competente do instituto ou centro de investigación ata un máximo de 4 puntos. Para esta valoración terase en conta: o contido innovador e a aplicabilidade do traballo que vai desenvolver, tanto no propio departamento como fóra deste, así como a posible continuidade en futuros proxectos de investigación e a introdución das novas tecnoloxías nos métodos de traballo.
Para máis información ver o Resumen informativo Bolsas de colaboración 2018-2019
Anexo I: Anexo I Plantilla proxecto de colaboración
Outros documentos: http://www.usc.es/es/perfis/estudantes/bolsasmec.html