CONCURSO | ICARUS26_USC

DESCRICIÓN:

Tes o teu traballo de fin de grao, máster ou a túa tese de doutoramento pechada nun cartafol? É hora de darlle unha oportunidade de brillar!

O programa ICARUS 26, organizado pola AVTE da USC , busca premiar a aqueles e aquelas que pensen en como o seu coñecemento pode axudar a resolver os retos reais da nosa sociedade.

💰 Que podes gañar?

 Hai premios en metálico para cinco categorías diferentes (Artes e Humanidades, Ciencias, Ciencias da Saúde, Ciencias Sociais e Xurídicas, e Enxeñería e Arquitectura):

  • Primeiro premio: 800€
  • Segundo premio: 400€

📝 Podes participar se: 

  • Defendiches o teu traballo na USC nos dous últimos anos académicos (antes do 21/04/2026).
  • Tes, como mínimo, unha cualificación de Aprobado
  • O teu traballo non foi premiado en edicións anteriores de programas similares 

⏳ Non deixes que se che pase o prazo!

Tes ata o 30/04/2026 para facer a túa inscrición.

Se tes calquera dúbida, podes contactar co equipo da AVTE en This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it. ou chamar o 8881815526 e escribir a This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.

Anímate a participar e dálle valor ao teu esforzo! 💪

Descargar Bases da Convocatoria

Máis info e redes sociais: 🌐 Web da AVTE 📱 @avte_usc 

Máis información