O IGFAE (Instituto Galego de Física de Altas Enerxías), centro mixto de investigación da Universidade de Santiago de Compostela e da Xunta de Galicia, dedicado á investigación en física de altas enerxías, astropartículas e áreas relacionadas, organiza la Conferencia titulada Data Science and Complexity in Fundamental Physics and the Bridge to the Industry and Society.
Esta conferencia reunirá a investigadores que traballan na intersección da ciencia de datos, sistemas complexos e áreas afíns. Incluirá tanto un simposio con relatores convidados como unha escola de formación dirixida a estudantes e persoal investigador en etapas iniciais da súa carreira.
A inscrición xa está aberta tanto para a escola como para o simposio. Enlace á páxina de rexistro.
