DESCRICIÓN:
O vindeiro venres 25 de outubro, en horario de 11:00 a 13:00, terá lugar no Salón de Graos da Facultade de Matemáticas de Santiago unha mesa redonda arredor do uso da estatística e da investigación operativa no sector privado.
Nesa mesa redonda participarán algúns dos egresados do máster que, na actualidade, forman parte de empresas coas que colaboramos dende o Máster en Técnicas Estatísticas: ABANCA, Biostatech, Gradiant, Inditex e SDG.
INSCRICIÓN:
Por cuestións de aforo, é importante que cubrades o seguinte formulario para confirmar a vosa asistencia a este evento: https://forms.office.com/e/Tmp9JY7Pta
A data límite para anotarse é o mércores 23 de outubro.