Acaban de convocarse unhas bolsas de formación no Observatorio do Teatro Galego; unha delas ten perfil estatístico e está dirixida a alumnado que estea a cursar o mestrado en Técnicas Estatísticas ou a realizar o último ano dun grao que inclúa no seu plano de estudos materias de Estatística, ou que estea a realizar estudos de mestrado despois de obter o citado grao.
O importe bruto da axuda económica é de 2700 € e a duración da bolsa é de 6 meses (1 maio-30 de outubro). A convocatoria está publicada no taboleiro electrónico https://sede.udc.gal/services/electronic_board/EXP2023/002790 e o prazo de presentación de solicitudes conclúe ás 23:59 h do día 31 de marzo. Na páxina web do Servizo de Normalización Lingüística https://www.udc.es/es/novas/Convocatoria-de-duas-bolsas-para-o-Observatorio-do-Teatro-Galego/ tamén pode ser consultada a convocatoria, e descargado o modelo da solicitude e da declaración xurada.