EMPLEO | OFERTA DE EMPREGO CITMAga-OT-22-2022: 1 contrato como investigador/a colaborador/a na área de Investigación e Transferencia “Ciencia e Coñecemento” dentro do programa de investigación “Análise matemática de datos”

DENOMINACIÓN: Contratación no marco do programa propio de investigación do consorcio Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga), aprobado polo Consello Reitor o 25 de maio de 2022, para o desenvolvemento da Axenda Científica do CITMAga. Na área de Investigación e Transferencia “Ciencia e Coñecemento” dentro do programa de investigación “Análise matemática de datos” e na liña de investigación “Tecnoloxía matemática para a análise de datos”.

REFERENCIA DA OFERTA: CITMAga-OT-22/2022.

DESCRICIÓN DO POSTO: 1 contrato como investigador/a colaborador/a.

TRABALLOS A REALIZAR: realización de tarefas de investigación na Área de Investigación e Transferencia “Ciencia e Coñecemento” dentro do programa de investigación “Análise matemática de datos” e na liña de investigación “Tecnoloxía matemática para a análise de datos”.

FUNCIÓNS A REALIZAR: planificación de e deseño de experimentos, depuración de datos, análise estatística dos mesmos e realización de informes. Aplicación e deseño de métodos de aprendizaxe estatístico para o estudio de datos xenotípicos e fenotípicos e a relación entre ambos.

PERFIS DOS CANDIDATOS: Licenciados/as, Enxeñeiros/as, Graduados/as ou equivalentes.

MÉRITOS E REQUISITOS A VALORAR:
Formación e experiencia xeral a valorar (30 puntos, todas as aportacións deben estar documentadas).
o Expediente académico do grao/licenciatura/enxeñería e/o mestrado. Valorarase grao ou licenciatura en matemáticas e mestrado de especialización con contidos en estatística (25 puntos).
o Coñecementos de inglés (5 puntos).
Coñecementos e experiencia adicional e específica a valorar (40 puntos, todas as aportacións deben estar documentadas).
o Experiencia específica en análise de datos e en programación en linguaxes de cálculo científico (Python, R, Latex, C++, etc.) (20 puntos).
o Experiencia específica en análise de datos de orixe biolóxica ou química ou ben datos relacionados coa sustentabilidade no sector industrial (especialmente no téxtil) (15 puntos).
o Coñecementos de xenética e/ou xenómica (5 puntos)
Entrevista persoal (30 puntos).

As persoas candidatas seleccionadas de acordo cos criterios anteriores serán convocadas a unha entrevista persoal e a unha proba relativa ás funcións do posto. Entrevistaranse polo menos ás tres persoas candidatas con mellor valoración e que entre os dous apartados anteriores alcanzasen polo menos 45 puntos.

CONDICIÓNS:
Retribución bruta mensual: 1.606,52 € en 14 pagas.
Data inicio prevista: a partir do dia seguinte á data da resolución da selección.
Tipo de contrato: contrato de actividades científico-técnicas indefinido.
Categoría Laboral: investigador/a colaborador/a
Xornada laboral: a tempo completo (35.0 horas semanais).

LUGAR DE TRABALLO: Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga), Campus Vida, Santiago de Compostela.

PRAZOS E RESOLUCIÓN:
Recepción de solicitudes: ata o 11 de setembro de 2022 ás 23:59 horas
Avaliación de solicitudes e realización de entrevistas persoais: primeira quincena de setembro de 2022.
Resolución da convocatoria: segunda quincena de setembro de 2022.

Máis información: https://citmaga.gal/es/w/citmaga-ot-22/2022