EMPLEO | Bolsas para a iniciación á investigación para alumnado de Máster (curso 2021-2022)

Ven de publicarse a convocatoria das bolsas para a iniciación á investigación para alumnado de Máster (curso 2021-2022), o prazo de solicitudes comeza o luns 14 de marzo e remata o 24 de marzo 2022 (incluído).

O obxectivo desta acción será a de fomentar e promover o acceso e a iniciación á investigación mediante a atracción de estudantado matriculados nun Máster oficial da USC no curso 2021-2022, e que demostraron un nivel de rendemento académico no grao, a través dun plan de formación básica en investigación, centrado nun traballo de investigación supervisado.

Realizada a solicitude a través do < a href="https://sede.usc.es/sede/publica/" target=_blank>rexistro electrónico da USC, deberán rematar o proceso cumprimentando os datos requiridos a través da plataforma informática do Banco Santander á que se accede desde a seguinte ligazón: https://www.becas-santander.com/es

Información da convocatoria

Calquera dúbida relacionada con esta convocatoria pode consultala a través do enderezo electrónico This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.