Convocatoria Pública Ordinaria 29/2019 de contratación de persoal para colaborar nas actividades e proxectos de investigación
O obxecto da presente convocatoria é a contratación de persoal para colaborar nas actividades e proxectos de investigación que figuran no anexo da presente convocatoria.
O persoal contratado colaborará e traballará especifica e unicamente na actividade ou proxecto de investigación para o que é contratado, que é de carácter finalista e en todo caso non estrutural, mediante o financiamento externo a través da participación en convocatorias públicas ou privadas, subscrición de convenios, concesión de subvencións, etc.
A forma de provisión será a de concurso de méritos, a través da valoración dos criterios de baremación establecidos para cada praza.
Traballo a realizar: Apoio técnico na consolidación e xestión para fomentar a transferencia de tecnoloxía ao sistema produtivo empresarial e industrial, no ámbito da simulación numérica, estatística e optimización dos Grupos de Investigación que participan na Rede tecnolóxica de Matemática Industrial (Rede TMATI).
Funcións a realizar :
Estreitar os lazos de cooperación entre a Universidade e a Empresa. , Xestión da actividade de transferencia e valorización dos resultados de investigación. , Desenvolvemento de actividades de transferencia tecnolóxica dirixidas ao sector empresarial e industrial. , Captar novas colaboracións para o desenvolvemento de accións de transferencia con distintos sectores productivos industriais
Retribución bruta mensual 1.555,96 €
Duración: 6 meses.
Máis información