Dende o Grupo de Investigación SiDOR (Statistical Inference, Decision and Operations Research) da Universidade de Vigo, infórmase da apertura do proceso de selección dun Técnico de investigación con cargo ó proxecto “AMOCa: Análise e Modelaxe de Opinións sobre a Calidade dos servizos prestados polo sector hoteleiro ourensán”.
Características do posto ofertado:
- Duración: 2 meses (do 1 de setembro ó 31 de outubro de 2019)
- Salario máximo: 1.199,10€ brutos/mes (segundo a valía do candidato)
- Centro de traballo: Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo. Campus de Ourense
Presentación de candidaturas:
- Mediante correo electrónico dirixido a This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it., indicando no asunto: Contrato Tec Inv – Inou.
- Documentación: expediente académico grao/máster, de ser o caso, e CV.
- Prazo de presentación de candidaturas: ata as 14:00 horas do 26 de xuño de 2019.
Máis información dispoñible na web de SiDOR.