Oferta de traballo: Contratos de Iniciación á Investigación - SiDOR

O grupo de investigación SiDOR (Statistical Inference, Decision and Operations Research, http://sidor.uvigo.es) da Universidade de Vigo ofrece varios contratos de iniciación á investigación en Estatística e Investigación Operativa para alumnos do Máster en Técnicas Estatísticas. A investigación a realizar corresponde ás liñas estratéxicas do grupo SiDOR, que inclúen investigación básica e proxectos de I+D con empresas e institucións.

Requisitos:
• Estar matriculado no Máster en Técnicas Estatísticas durante o curso 2018-2019
• Manexo de software estatístico. Coñecementos de programación
• Bo nivel de inglés falado e escrito


Criterios de valoración:
• Expediente académico do grao
• Expediente académico de máster, no seu caso
• Curriculum vitae
• Entrevista persoal

Descrición do traballo:
• Salario bruto: 1250 euros/mes
• Xornada de traballo semanal: 37.5 horas/semana
• Duración do contrato: de 3 a 5 meses
• Centro de traballo: Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Campus Universitario As Lagoas-Marcosende (Vigo)
• A investigación a realizar poderá motivar un Traballo Fin de Máster (TFM)


Presentación de solicitudes e prazo:
• Mediante correo electrónico dirixido a This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it. co seguinte asunto: Contrato Ini Inv - SiDOR
• Achegar expediente académico de grao/máster e CV
• Prazo: ata as 14:00 horas do 20 de marzo de 2019
• Data estimada de resolución para a provisión das prazas: 10 de abril de 2019
• Data prevista de inicio do contrato: entre o 1 de maio e o 1 de xuño de 2019

Ver también:
http://sidor.uvigo.es/en/about/news/1244-oferta-de-traballo-contratos-iniinv-sidor