Axudas de apoio á etapa predoutoral

Descrición: Esta orde establece as bases reguladoras e a convocatoria das axudas de apoio á etapa predoutoral da Consellería Educación, Universidade e Formación Profesional e a Consellería de Economía, Emprego e Industria a través da Gain, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva. O obxecto do Programa de apoio á etapa predoutoral é outorgar axudas ás universidades do SUG, aos organismos públicos de investigación de Galicia, ás fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Profesor Novoa Santos, Fundación Biomédica Galicia Sur), e aos centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) e o IEO (Instituto Español de Oceanografía) radicados en Galicia que contraten persoas tituladas superiores para a súa formación como doutoras e doutores nos seus centros (códigos de procedemento ED481A para as universidades do SUG e IN606A para as demais entidades), con dúas modalidades:

  • Modalidade A: axudas cofinanciadas parcialmente polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020 destinadas ao apoio á etapa predoutoral para investigadoras e investigadores que desenvolvan un proxecto de investigación en liña cos retos definidos na Estratexia de especialización intelixente de Galicia RIS3 e que teñan unha persoa designada para dirixir ou codirixir a tese que cumpra os seguintes requisitos da convocatoria.
  • Modalidade B: axudas de carácter xeral de apoio a etapa predoutoral, mediante as cales se garantirá a representación de todas as ramas de coñecemento nesta convocatoria.

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190130/AnuncioG0534-110119-0001_gl.html